ESGA

Fórum Gastronómico A Coruña

Nel pódense gozar dos relatorios en directo dos cociñeiros e cociñeiras máis prestixiosos. O auditorio marca e exhibe tendencias.

Fórum Gastronómico A Coruña

Auténtica esencia de Fórum, da man dos mellores cociñeiros e profesionais con discursos solventes, novos e especializados. Sesións e demostracións de cociña con degustación final dos pratos que se elaboran. Os talleres teñen unha capacidade de entre 50 e 60 persoas.

Fórum Gastronómico A Coruña

El espacio destinado a los expositores donde se hacen presentaciones y degustaciones de sus productos y/o servicios.

Fórum Gastronómico A Coruña
FórumLab é o espazo do Galicia Fórum Gastronómico reservado á reflexión e ao diálogo. Nel a cociña toma a palabra; nel cocíñanse ideas. Concibido desde o rigor dos seus contidos, quere ser o ágora do pensamento gastronómico avanzado.

Fórum Gastronómico A Coruña

Galicia Fórum Gastronómico contará unha vez máis cun gran espazo de restauración no que os visitantes poderán degustar distintas opcións para todos os gustos, sempre baseándose na calidade do produto. No Cook Trends a sustentabilidade seguirá sendo o fío condutor da oferta que será 100% galega e onde participarán tamén algúns dos restaurantes de Coruña Cociña.

Fórum Gastronómico A Coruña

Atento ás novas tendencias, Galicia Fórum Gastronómico crea en Expocoruña o espazo dedicado en exclusiva á cervexa artesá. Na súa segunda edición, seguirá sendo o espazo no que as empresas darán a coñecer o seu produto a un público profesional e gourmet. Nel atopamos tamén a aula de Cultura Cervexeira, un espazo gratuíto onde se difundir os valores da cervexa artesá, impartidas por mestres cervexeiros.

Fórum Gastronómico A Coruña

Será un espazo dedicado aos viños galegos e á gastronomía líquida. Organizado polo INGAVI - Instituto Galego do Viño, nel daranse cita os mellores catadores, cocteleiros e prescritores do sector. Incluirá por unha banda o Mercado do Viño, que acollerá a excelencia das adegas de Galicia e os seus viños de autor, representados polos seus viticultores, e tamén o Cóctel Bar Fórum, no que se amosarán as tendencias de coctelería.

7 escenarios para gozar dun dos encontros máis importantes e prestixiosos do circuíto gastronómico europeo.

FORUM GALICIA
FORUM GALICIA
© Galicia Fórum Gastronómico S.L. 
T 981 56 91 94 I info@galiciaforumgastronomico.com 
República de El Salvador, 8 3º (Santiago de Compostela)
Nota Legal y Política de Privacidad